Inscribirse en UCIDGAL
Para solicitar a túa afiliación, contacta co responsable da túa provincia. Elixirá a comunidade máis próxima e guiarache no proceso de inscrición.
Contactos por provincia
Selecciona a túa provincia e contacta directamente co responsable correspondente vía WhatsApp ou teléfono.
Reglamento do Fondo
A continuación presentamos o regulamento completo do Fondo para o Enterramento e Repatriación de Musulmáns Falecidos en Galicia. É obrigatorio aceptar estes termos para completar a inscrición.
Titularidade
O citado fondo é propiedade da Unión de Comunidades Musulmás de Galicia (UCIDGAL). A inscrición está aberta a todos os musulmáns residentes na comunidade autónoma de Galicia.
Cobertura
O fondo cubrirá os gastos de traslado do féretro ou o enterramento nun cemiterio islámico dentro do territorio español.
Supervisión
Un comité especial de UCIDGAL será o responsable de supervisar o fondo e examinar as solicitudes de afiliación.
Modificacións
Calquera cambio, modificación ou adición aos artigos da lei fundamental do fondo deberá ser presentado e aprobado por UCIDGAL.
Cuotas familiares
A cuota de inscrición é de 50 € anuais por unidade familiar (matrimonio e fillos menores de idade). O afiliado deberá abonar 25 € adicionais por cada proxenitor que conviva no mesmo domicilio.
Cuotas individuais
Os maiores de 18 anos, xa sexan solteiros que residan cos seus pais ou independentes, abonarán unha cuota de 25 €.
Prazo de renovación
O período de renovación iníciase o 1 de xaneiro e finaliza o último día de febreiro de cada ano.
Impago
Transcorrido o período de subscrición sen que o membro aboara a cuota anual, este perderá automaticamente o dereito aos servizos do fondo.
Acreditación
A cada membro do fondo facilitaráselle unha tarxeta de afiliación en formato virtual para o seu uso en dispositivos móbiles.
Custo de emisión
A tarxeta virtual é totalmente de balde. Non se aplicará ningún cargo pola súa emisión inicial nin por reenvíos en caso de actualización de datos ou cambio de dispositivo.
Período de carencia e condicións especiais
Os novos afiliados terán dereito aos beneficios do fondo transcorridos 90 días desde a data da súa alta e pagamento da cuota. Como excepción, en caso de que o afiliado padeza unha enfermidade terminal, durante os primeiros 180 días só terá dereito ao 50 % da cobertura dos gastos de sepelio ou repatriación. Transcorrido un ano completo desde a data de afiliación, dito membro terá dereito ao 100 % dos beneficios.
Non devolución
Ningún afiliado terá dereito a esixir a devolución das cuotas ou aportacións realizadas anteriormente baixo ningún concepto.
Xestión bancaria
O fondo dispón dunha conta bancaria específica para a súa administración e transparencia.
Falecemento de menores
Os recén nacidos falecidos serán enterrados en cemiterios islámicos en España. Quedan excluídos deste servizo os casos de aborto.
Matrimonios mixtos
En caso de matrimonio mixto, o cónxuxe deberá aportar, no momento da inscrición, un acta notarial que exprese a súa vontade respecto ao lugar da súa sepultura.
Aceptación de termos e validación dixital
Ao cubrir o formulario de inscrición ou renovación web e marcar obrigatoriamente a casiña de aceptación, o membro declara a súa total conformidade e acordo con todo o contido do presente regulamento. Dita acción web, xunto co posterior envío da tarxeta de afiliación virtual, constituirá a validación formal e o consentimento explícito do contrato entre ambas partes.